• (function() { (function(){function b(g){this.t={};this.tick=function(h,m,f){var n=f!=void 0?f:(new Date).getTime();this.t[h]=[n,m];if(f==void 0)try{window.console.timeStamp("CSI/"+h)}catch(q){}};this.getStartTickTime=function(){return this.t.start[0]};this.tick("start",null,g)}var a;if(window.performance)var e=(a=window.performance.timing)&&a.responseStart;var p=e>0?new b(e):new b;window.jstiming={Timer:b,load:p};if(a){var c=a.navigationStart;c>0&&e>=c&&(window.jstiming.srt=e-c)}if(a){var d=window.jstiming.load; c>0&&e>=c&&(d.tick("_wtsrt",void 0,c),d.tick("wtsrt_","_wtsrt",e),d.tick("tbsd_","wtsrt_"))}try{a=null,window.chrome&&window.chrome.csi&&(a=Math.floor(window.chrome.csi().pageT),d&&c>0&&(d.tick("_tbnd",void 0,window.chrome.csi().startE),d.tick("tbnd_","_tbnd",c))),a==null&&window.gtbExternal&&(a=window.gtbExternal.pageT()),a==null&&window.external&&(a=window.external.pageT,d&&c>0&&(d.tick("_tbnd",void 0,window.external.startE),d.tick("tbnd_","_tbnd",c))),a&&(window.jstiming.pt=a)}catch(g){}})();window.tickAboveFold=function(b){var a=0;if(b.offsetParent){do a+=b.offsetTop;while(b=b.offsetParent)}b=a;b<=750&&window.jstiming.load.tick("aft")};var k=!1;function l(){k||(k=!0,window.jstiming.load.tick("firstScrollTime"))}window.addEventListener?window.addEventListener("scroll",l,!1):window.attachEvent("onscroll",l); })();
  • Realien des Glaubens vom Weihrauch bis zum Andachtsbild

  • 20*C+M+B*20

    27.7.07

    Jakobusfestwoche
    de IIIa die infra octavam Scti Jacobi


    SANTIAGO, APÓSTOLO,
    PATRÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

    Solemnidade

    Antífona de entrada Cf. Mt 4, 18.

    Unha vez, cando camiñaba Xesús pola beira do mar de Galilea, viu a Santiago, o do Zebedeo, e o seu irmán, Xoán, que estaban atando as redes, e chamounos.

    Oración colecta

    Deus todopoderoso e eterno,
    ti quixeches que o noso Patrón Santiago
    fose o primeiro dos apóstolos en da-la vida polo Evanxeo.
    Polo seu martirio fai medra-la fe da túa Igrexa
    e mantena firme en España, pola súa intercesión,
    deica a fin dos tempos.
    Polo noso Señor Xesucristo, teu Fillo,
    que vive e reina contigo na unidade do Espírito Santo
    por sempre eternamente.
    Amén.

    PRIMEIRA LECTURA

    O rei Herodes fixo decapitar a Santiago

    Lectura do libro dos Feitos dos apóstolos
    4, 33; 5, 12. 27-33; 12, 2

    Naqueles días, os apóstolos, con gran poder, daban testemuño da resurrección do Señor Xesús, todos eles eran ben considerados e facían moitos sinais e prodixios entre o pobo.
    Levados á presencia do Sanedrín, o xefe dos sacerdotes interrogounos:
    --«Expresamente vos mandamos que non ensinasedes nese nome, e vós enchestes Xerusalén coa súa doutrina. Vós queredes botar sobre nosoutros o sangue dese home.»
    Pedro e os apóstolos responderon:
    --«Cómpre obedecer a Deus antes ca ós homes. O Deus de nosos pais resucitou a Xesús, a quen vós matastes colgándoo dun madeiro; pois a este enxalzouno Deus coa súa dereita, facéndoo xefe e Salvador, a fin de lle outorgar a Israel a conversión e o perdón dos pecados. E nós somos testemuñas destas cousas e tamén o Espírito Santo, que Deus dá ós que o obedecen.»
    Ó sentiren isto, rabiaban de carraxe e queríanos matar. Máis tarde, o rei Herodes mandou decapitar a Santiago, o irmán de Xoán.

    Palabra do Señor.

    Salmo responsorial Sal 66, 2-3. 5. 7-8 (R.: 4)

    R.: Lóente os pobos, oh Deus, lóente tódolos pobos.

    Deus teña piedade de nós e nos bendiga,
    faga brilla-lo seu rostro sobre nós.
    Que se coñeza na terra o teu camiño,
    en tódalas nacións a túa salvación. R.

    Alégrense e canten as nacións,
    porque xúlga-los pobos rectamente
    e na terra gobérna-las nacións. R.

    A terra deu o seu froito;
    que nos bendiga Deus, o noso Deus,
    que nos bendiga Deus e que o teman
    os confíns todos do mundo. R.


    SEGUNDA LECTURA

    Sempre levamos no noso corpo a paixón de Cristo

    Lectura da segunda carta do apóstolo san Paulo ós Corintios
    4,7-15
    Irmáns benqueridos:
    Levamos ese tesouro en vasos de barro, para que tal prodixio de forza apareza como cousa de Deus, e non nosa.
    Aflíxennos por tódalas partes, mais non nos abaten; andamos en apuros mais non desesperados; perseguidos pero non abandonados; derrúbannos pero non nos rematan. Por todas partes levamos no noso corpo a morte de Xesús, para que a vida de Xesús se manifeste tamén no noso corpo.
    Pois que estamos con vida, entrégannos decote á morte por causa de Xesús, para que tamén a vida de Xesús se manifeste na nosa carne mortal. E así a morte actúa en nós, e a vida en vós.
    Mantendo, sen embargo, o mesmo espírito de fe, segundo o que está escrito: «creo e por iso falo», tamén nós cremos e por iso falamos, sabedores de que Aquel que resucitou a Xesús hanos resucitar tamén a nós con Xesús e hanos colocar convosco onda el.
    Todo isto acontece por causa vosa, de modo que, ó estenderse a gracia, se multiplique o número dos agradecidos, para gloria de Deus.

    Palabra do Señor.

    Aleluia

    Astro brillante de España, apóstolo Santiago,
    o teu corpo descansa na paz;
    a túa gloria pervive entre nós.

    EVANXEO

    O meu cáliz beberédelo

    + Lectura do santo Evanxeo segundo Mateo 20, 20-28

    Naquel tempo, a nai dos fillos do Zebedeo acercouse cos seus fillos a Xesús, e prostrouse para pedirlle algo.
    El preguntoulle:
    --«¿Que queres?»
    Ela respondeulle:
    --«Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outro á túa esquerda no teu Reino.»
    Replicou Xesús:
    --«Non sabéde-lo que pedides. ¿Podedes bebe-lo cáliz que eu teño que beber?»
    Respondéronlle:
    --«Podemos. »
    Replicoulles Xesús:
    --«O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min concedelo; é para quen o meu Pai o ten preparado.»
    Os outros dez, que estaban oíndo, anoxáronse cos dous irmáns. Entón Xesús chamounos a todos onda el e díxolles:
    --«Sabedes que os xefes das nacións mandan sobre elas, e que os grandes as dominan. Non ha ser así entre vós; ó contrario, quen queira entre vós chegar a ser grande ha de se-lo voso criado; e quen queira entre vós se-lo primeiro ha de se-lo voso servo; porque o Fillo do home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos.»

    Palabra do Señor.


    Dise o Credo.

    Oración sobre as ofrendas

    Señor, ti quixeches que Santiago fose o primeiro dos apóstolos
    en participar no cáliz de Cristo.
    Límpanos tamén a nós
    co bautismo salvador da paixón do teu Fillo,
    para que na festa do noso Patrón
    che ofrezamos un sacrificio agradable.
    Por Cristo, noso Señor.
    Amén.

    Prefacio

    O PADROADO DO APÓSTOLO

    V. O Señor sexa convosco.
    R. E contigo tamén.

    V. Erguede os corazóns.
    R. Témolos postos no Señor.

    V. Deámoslle gracias ó Señor, noso Deus.
    R. É digno e de xustiza.

    Verdadeiramente é digno e de xustiza,
    é o noso deber e salvación
    darche gracias sempre e en todo lugar,
    Señor, Pai santo,
    Deus todopoderoso, Pastor eterno.

    Porque Santiago, un dos discípulos predilectos,
    anunciou o reino que o teu Fillo instaurou
    coa súa morte e resurrección,
    e foi o primeiro dos apóstolos
    en bebe-lo cáliz do Señor.

    Coa súa guía e patrocinio
    consérvase a fe en Galicia
    e en tódolos pobos de España.
    El axuda a propaga-lo Evanxeo
    por toda a terra
    e anima os peregrinos
    a chegaren onda ti.

    Por iso, Señor,
    con tódolos anxos,
    te louvamos agora e por sempre,
    cantando con humildade o himno da túa gloria:
    Santo, santo, santo.

    Antífona da comuñón Cf. Mt 20, 22-23

    Beberon o cáliz do Señor e fixéronse amigos de Deus.

    Oración despois da comuñón

    Señor, acabamos de recibir con alegría
    os teus santos misterios
    na festa do noso Patrón o apóstolo Santiago.
    Pola súa intercesión, protéxenos sempre coa túa gracia.
    Por Cristo, noso Señor.
    Amén.

    Labels:

    0 Kommentare:

    Kommentar veröffentlichen

    Abonnieren Kommentare zum Post [Atom]

    << Startseite